Comisión Executiva electa de EQUO Galicia

Xa estamos a disposición de facer públicos os resultados das eleccións da Comisión executiva de EQUO Galicia.

Marita Iglesias, coportavoz de EQUO Galicia

Foron elexidos como coportavoces de EQUO Galicia Marita Iglesias Padrón e Ángel Montero Campos.

Ángel Montero, coportavoz de EQUO GaliciaSendo os demáis membros da recén estreada Comisión Executiva Rosa Rodríguez Sales, Mª Asunción Couto Carril, Serafín Valencia Triviño e Jesús Pérez Balirac.

O sistema de votación empregado foi o voto único transferible (VUT). Durante esta semana colgaremos na equomunidade a acta do proceso electoral.

Agradecemos desde o Comité electoral a todas as persoas que participaron no proceso sexa como candidatas, debatindo na equomunidade ou votando para facer enriquecer a EQUO Galicia.
Agardamos que desde xa poidamos contar coa vosa participación no traballo diario en EQUO, porque ti es EQUO, e xuntos somos máis EQUO.

QGalicia_medramosxuntas[+ info: https://es.wikipedia.org/wiki/VUT ]

Eleccións da COMISIÓN EXECUTIVA de EQUO Galicia

Logo de ter aprobados os Estatutos de EQUO Galicia na Asemblea de persoas afiliadas e simpatizantes o sábado 9 de marzo do 2013 en Santiago de Compostela, chega o momento de polos en valor. Damos comezo a renovación dos órganos de coordinación de EQUO Galicia co proceso para elexir a Comisión Executiva.
ACTUALIZACIÓN: Xa está activa a votación online na plataforma de voto http://votaciones.partidoequo.es
Mínimas instruccións para acceder á plataforma cun usuario válido: comovotar_executiva
imaxe de urna

1. A Comisión Executiva estará formada por 6 persoas en paridade. A muller e o home máis votados ocuparán os cargos de portavocía de EQUO Galicia.

2. Todas as persoas afiliadas a EQUO Galicia a día 5 de abril poden presentar a súa candidatura. Asimesmo poden participar na votación todas as persoas afiliadas incluidas no censo a día 5 de abril.

3. O proceso e calendario electoral son os seguintes:

das 0h do sábado 6 ate ás 24h do domingo 14 de abril
Prazo de presentación de candidaturas PECHADA A RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS.

  • Presentación de candidaturas: Cada persoa candidata presentará a súa candidatura na dirección equogalicia@proyectoequo.org , co asunto “candidatura” adxuntando unha fotografía  máis un arquivo cos seguintes apartados: nome e apelidos, presentación persoal, vinculación con EQUO, razóns para presentarse.

luns 15 de abril
Publicación da Lista provisional de candidaturas

16 e 17 de abril
Periodo de reclamacións da lista de candidaturas PECHADO PERIODO DE RECLAMACIÓNS

xoves 18 de abril
Publicación da lista definitiva de candidaturas

Candidaturas:

  • Mª Asunción Couto Carril
  • Mª José Grobas Garaboa
  • Marita Iglesias Padrón
  • Rosa Rodríguez Sales
  • Ángel Montero Campos
  • Jesús Pérez Balirac
  • Fernando Rodríguez López
  • Xosé Manuel Sanxoán Caamaño
  • Serafín Valencia Triviño

Coñece máis deles na Lista definitiva de Candidaturas á Comisión Executiva de EQUO Galicia 2013

das 0h do venres 19 ás 12h do mércores 24 de abril

Debate: Neste prazo estará disponible un fío na Equomunidade no que se poderán realizar preguntas ás persoas candidatas, que poderán contestar ás mesmas antes das 12 h do xoves 25 de abril.

das 0h do venres 26 ás 12h do sábado 27 de abril
Votacións en linea, poderase votar na rede a través do enlace que se facilitará á afiliación.

  • Sistema de voto: Tal e como se especifica no art 20 dos estatutos de Equo Galicia vixentes o método de elección será o de Voto Único Transferible, sistema de voto baseado na representación proporcional no que  cada persoa afiliada pode votar a 6 candidaturas asignándolle unha orde de preferencia a cada unha delas.

o sábado 27 de abril das 17 h ata as 20 h
Votación presencial, no CSC de Conxo situado na Praza Aurelio Aguirre nº 1 en  Santiago de Compostela.

luns 29 de abril
publicación dos resultados das eleccións Comisión executiva electa de EQUO Galicia

Comité electoral. Formarán parte do comité electoral Loli Tobío Sueiro, Xesús Fernández Neira e Emilio J. Padrón. As persoas do comité electoral non poderán presentar candidatura á Comisión Executiva.

Agardamos a vosa participación activa neste proceso.Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO

Equo A Coruña apoia a reconversión da fábrica de armas

EQUO A Coruña, ante o anuncio da empresa General Dynamics de pechar a súa actividade o 30 de abril, quere expresar a súa oposición a este peche sen alternativa para os 172 traballadores.

Imaxen da fábrica de armas de A Coruña

O peche de Santa Bárbara ten dúas vertentes. Por un lado, a positiva de que se remate cunha actividade execrable que lucra a uns poucos a cambio de promover a violencia e favorecer as guerras. Por outro, a negativa, que fala das persoas que quedan sen o seu posto de traballo e, en moitos casos, sen forma de subsistencia.

Neste país, no que se veñen a perder empregos a un ritmo desproporcionado debido, entre outras cousas, á promoción da actividade especulativa en lugar de basear a nosa economía na actividade produtiva, EQUO defende unha modificación desta tendencia cara a utilización dos recursos que temos dunha maneira que xere riqueza non só para uns poucos, senón para o conxunto da cidadanía.

Nesta liña, EQUO A Coruña defende a reconversión de Santa Bárbara noutro tipo de actividade que promova a actividade industrial en consonancia co medio ambiente, xa que a xestión dos procesos industriais debe facerse introducindo criterios ecolóxicos que teñan como consecuencia unha sostibilidade real da actividade produtiva.

Con este obxectivo, EQUO A Coruña espera que as autoridades correspondentes, neste caso o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, tomen cartas no asunto e, mediante os mecanismos adecuados, planifiquen unha adecuada reconversión da fábrica de armas que impida a perda de máis postos de traballo.

EQUO Galicia lembra que os bosques son ecosistemas que hai que coidar

EQUO Galicia manifesta a súa defensa incondicional dos bosques como parte da nosa biodiversidade.

Imaxe promocional do Dia Internacional dos bosques de Ecoloxistas en Acción

Equo Galicia quere rendir unha homenaxe aos bosques lembrando que este 21 de marzo é o día instaurado por Nacións Unidas  como Día Internacional dos Bosques.

A ONU tamén declarou o ano 2011 como Ano Internacional dos bosques destacando a importancia das áreas forestais para a subsistencia humana.

Os bosques son o pulmón do planeta, abeiran millóns de especies e son o fogar e fonte de recursos de moitas poblacións. Os bosques, polo tanto, son unha parte importante da vida no mundo e como tal deberían ser coidados e respectados.

En Galicia os bosques son parte da nosa identidade, somos a Galicia verde grazas a eles e para que isto siga sendo así debemos ser inflexibles coa defensa da biodiversidade.

Con ese obxectivo, Equo Galicia seguirá loitando no seu terreo para que se cumpran e melloren as normativas existentes. Unha parte importante desas melloras tería que orientarse cara a política anti-incendios, para que non se basee soamente na extinción, senón nunha política forestal que permita manter os montes nun estado no que non sexa sinxelo ou rentable queimalos.

Equo Galicia avoga por conservar o noso patrimoinio natural de xeito que Galicia siga a manterse como un dos pulmóns do Estado.

Reiniciar a democracia para saír da crise

As persoas que nos temos incorporado ao proxecto político de EQUO, ante a magnitude da crise política, económica, social e ambiental na que nos atopamos, ante un goberno do PP acosado por unha fundada sospeita de corrupción, que vén gobernando a golpe de decreto tomando medidas que contradicen o programa que presentou á cidadanía, facemos un chamamento ao resto de forzas políticas e sociais para acordar unha folla de ruta que nos permita iniciar unha segunda transición para saír da crise. Folla de ruta que incluiría os seguintes pasos:

  1. Dimisión do goberno e formación dun goberno en funcións.
  2. Reforma do sistema electoral para garantir a proporcionalidade, a igualdade de condicións de partida e as listas abertas, de xeito que cada partido obteña tantos escanos como lle correspondan en proporción aos votos obtidos.
  3. Convocatoria de eleccións para a formación dun novo goberno representativo que xestione a nova transición e promova un proceso constituínte de abaixo a arriba, coa participación cidadá, a través de mecanismos de democracia participativa e directa.

En EQUO consideramos que este proceso é fundamental porque non podemos saír da crise económica sen afrontar decididamente a crise política e ética na que nos atopamos, que é unha crise de confianza en Institucións fundamentais do Estado e que require unha resposta audaz á altura da grave situación na que nos atopamos. Porque da crise sáese primeiro con transparencia e democracia directa para garantir que non volva acontecer o acontecido. Pero ao mesmo tempo é         preciso iniciar unha transición cara a un novo modelo productivo xusto socialmente e en equilibrio coa natureza. Para iso traballaremos cooperativamente con outras forzas políticas e sociais para crear unha maioría social que propoña:

  • Unha auditoría da débeda que permita evaluar a parte ilexítima da debeda pública española, reducir o reembolso á súa dimensión lexítima e permitir reactivar a economía.
  • Creación dunha banca pública que garanta o crédito con criterios sociais e ecolóxicos para a economía real e o impulso da banca ética para financiar o cambio de modelo produtivo e de consumo.
  • Unha reforma fiscal para facela certamente progresiva e redistributiva, priorizando a tasación de capitais e recursos naturais, de xeito que paguen máis os que máis teñen e máis contaminan, e facela capaz de equilibrar as contas e manter e mellorar os servizos públicos de saúde, de educación e as políticas sociais e ambientais.
  • Apostar de xeito decidido pola creación de emprego en sectores sostibles e que crean utilidade social (como as enerxías renovables, agricultura ecolóxica, rehabilitación de edificios, economía social e solidaria, cooperativas, etc.), e de reparto de traballo.
  • Aprobación dunha Lei de transparencia que garanta o dereito da cidadanía á información e a loita contra a corrupción.
  • Establecemento de mecanismos que garantan a participación da cidadanía na toma de decisións políticas, económicas, sociais e ambientais.
  • Introdución de cambios profundos no funcionamento dos partidos para garantir a democracia interna e a transparencia no seu funcionamento e nas súas contas.
  • Garantir de xeito efectivo os dereitos básicos á vivenda, a un traballo digno, á educación e sanidade de calidade gratuítas e universais. Ante a traxedia dos desafiuzamentos, buscar medidas para impedir que queden sen fogar aqueles que carecen de fogar alternativo: parque de vivendas para o arrendamento social, regulación da dación en pago, arrendamento obrigatorio para os titulares de hipotecas executables dos bancos rescatados, etc.
  • Apertura dun amplo debate sobre o novo pacto social baseado na renta básica de cidadanía como mecanismo redistributivo e base da emancipación económica, social e política, e na renta máxima, ambas medidas necesarias para o cambio do modo de vida cara ao bo vivir dentro dos límites ecolóxicos do Planeta.

EQUO fai un chamamento á cidadanía e ás forzas políticas e sociais para cooperar nesta transición que nos permita recuperar o control sobre noso futuro común.